lunes, 6 de abril de 2020

1º DE PRIMARIA

Bo día a todos /as meus queridos nenos e nenas. Imos empezar con esta sinxela ficha. Téndela  que imprimir colorear, poñer o nome dos instrumentos e despois pegar os lados para facer un dado musical. Cando empecemos o colexio levádelo feito á clase de música e xogamos.

DADO MUSICAL:

Despois de facer o dado, podedes repasar este ritmo que xa fixemos na clase e que vos saía de marabilla!! Así de paso movedes un pouco o corpiño!!.

CANON RITMICO






XOGO RÍTMICO-MUSICAL

Preséntovos un musicograma rítmico-musical para que repasedes moi ben as figuras musicais. Lembrade que a negra é (TA) e as corcheas (TI-TI). Intentádeo ata que vos salga moi ben! Ánimo!!







FICHAS MUSICAIS

As fichas son para ir facendo pouco a pouco. Unha ou duas por semana ou como queirades. Se tendes algunha dúbida ou queredes enviarme algunha ficha usade o meu correo. Un bico enorme!! Ánimo!!

ESCALA MUSICAL:

Déixovos aquí unha bonita canción da escala musical para ir memorizando as notas e onde se colocan na súa casiña que é o pentagrama.









No hay comentarios:

Publicar un comentario