lunes, 6 de abril de 2020

6º PRIMARIA

Ola bo día meus queridos Nenos e nenas de Sexto!!!
Inauguramos un blog de música para mandar tarefas, partituras e todo o que se nos vaia ocurrindo para poder comunicarnos directamente!
Este ano 2020 é o ano adicado a Beethoven. Celébrase en Viena o 250 aniversario do nacemento do compositor.
Imos comenzar cunha peza marabillosa deste gran compositor. A 9ª Sinfonía (Esta é de repaso porque xa sei que a tendes e que xa a estudiastes, pero por se algún a perdeu volvoa poñer aquí). E tamén coa Biografía en forma de conto de este Gran Músico!!.
Gustaríame que lérades con atención a súa biografía e que aprendades na frauta a partitura. Buscade o seu retrato, buscade onde está Viena. E cando saibades todo esto podedes mandar un vídeo tocando vos esta partitura e todo o que se vos ocurra sobre Beethoven. Dúbidas, curiosidades, debuxos...
Quérovos moito!!! Ánimo!!!

PARTITURA. 9ª SINFONÍA DE BEETHOVEN

TUTORIAL HIMNO DA ALEGRÍA



Lembrade como se toca o Do'(agudo) e o Re' (agudo).
Calquera dúbida preguntádeme no meu correo.

DO AGUDO
RE AGUDO

Ahora lede con moita atención e motivación a Biografia de Ludwig (Luis) Van Beethoven

BIOGRAFÍA DE BEETHOVEN

Estos son os cortes musicais por se os queredes buscar en internet. Non é para facer todo en un día!! Pouco a pouco e cando vos apeteza! Ánimo meus guapos /as!!.

FRAGMENTOS MUSICALES PARA BUSCAR

CONTRADANZA DE BEETHOVEN Nº 14
Para cambiar un pouco o estudio, propoño unha danza de Beethoven que se chama "contradanzas" son varias pezas distintas compostas por él. Nesta ocasión tendes que preparar esta en concreto que é moi sinxela e pegadiza. Hala a bailar e danzar!!



XOGO MUSICAL

Propóñovos este exercicio Rítmico musical tan divertido e que necesita bastante concentración. Só precisades 4 papeis de distintas cores, un compañeiro /a de xogo, unha mesa ou chan e nada máis!!. Se queredes buscar a música, o título é: "walking to the left". Intentadeo e xa veredes que divertido é.





VIVALDI.


A primavera de Antonio Vivaldi é a primeira parte dos concertos das 4 estacións de este músico e compositor veneciano. Esta obra musical distínguese por describir, de maneira musical e sentimental, a esencia da primavera na Natureza.

PARTITURA DA PRIMAVERA


TUTORIAL DA CANCIÓN "A PRIMAVERA DE VIVALDI"


MUSICOGRAMA DE VIVALDI

Un musicograma é un concepto para ensinar a escoitar música clásica aos nenos. É un dos medios para traballar as audicións de forma activa.

Este que vos presento eu é para pintar os distintos temas musicais e os que se repiten sempre da misma cor. Poño o musicograma feito para que vos sirva de exemplo e o musicograma para imprimir e para colorear. Sempre mentras se escoita a audición.

MOZART

TUTORIAL DA "FLAUTA MÁGICA"



PARTITURA DA "FLAUTA MÁGICA"






No hay comentarios:

Publicar un comentario