Ola bo día meus queridos Nenos e nenas de Quinto!!!
Inauguramos un blog de música para mandar tarefas, partituras e todo o que se nos vaia ocurrindo para poder comunicarnos directamente!
Este ano 2020 é o ano adicado a Beethoven. Celébrase en Viena o 250 aniversario do nacemento do compositor.
Imos comenzar cunha peza marabillosa deste gran compositor. A 9ª Sinfonía.E tamén coa Biografía en forma de conto de este Gran Músico!!.
Gustaríame que lérades con atención a súa biografía e que aprendades na frauta a partitura. Buscade o seu retrato, buscade onde está Viena. E cando saibades todo esto podedes mandar un vídeo tocando vos esta partitura e todo o que se vos ocurra sobre Beethoven. Dúbidas, curiosidades, debuxos...
Quérovos moito!!! Ánimo!!!
Calquera dúbida preguntádeme a través do meu correo!
PARTITURA. 9ª SINFONÍA DE BEETHOVEN
TUTORIAL HIMNO DA ALEGRÍA
Lembrade como se toca o Do'(agudo) e o Re' (agudo).
DO AGUDO
RE AGUDO
Ahora lede con moita atención e motivación a Biografia de Ludwig (Luis) Van Beethoven
BIOGRAFÍA DE BEETHOVEN
Estos son os cortes musicais por se os queredes buscar en internet. Non é para facer todo nun día!! Pouco a pouco e cando vos apeteza! Ánimo meus guapos /as!!.
FRAGMENTOS MUSICALES PARA BUSCAR
CONTRADANZA DE BEETHOVEN Nº 14
Para cambiar un pouco o estudio, propoño unha danza de Beethoven que se chama "contradanzas" son varias pezas distintas compostas por él. Nesta ocasión tendes que preparar esta en concreto que é moi sinxela e pegadiza. Hala a bailar e danzar!!
Propóñovos este exercicio Rítmico musical tan divertido e que necesita bastante concentración. Só precisades 4 papeis de distintas cores, un compañeiro /a de xogo, unha mesa ou chan e nada máis!!. Se queredes buscar a música, o título é: "walking to the left". Intentadeo e xa veredes que divertido é.
VIVALDI
TITORIAL DA "PRIMAVERA"
PARTITURA DA "PRIMAVERA"
XOGO RÍTMICO CON VASOS DA "PRIMAVERA"
No hay comentarios:
Publicar un comentario