imos comezar as actividades de música cun Canon Rítmico que xa fixemos na clase. É un repaso!.
Si vos animades a gravalo coa vosa familia ou sos, podédesmo enviar ao meu correo.
Un bico enoooorme para todos/as!
CANON RÍTMICO
ACOMPAÑAMENTO RÍTMICO MUSICAL
Propoño un xogo rítmico-musical. Precisades utensilios de distinto material como madeira, metal, plástico... o que teñades pola casa. Escoitades a música e facedes o acompañamento como aparece no vídeo. Sería ideal que o fagades con máis membros da familia para que quede máis bonito e senón vos de forma individual. A música titúlase: "song song clap". Xa veredes que ratiño tan bo pasades! Unha aperta!!
Seguimos con actividades do voso cuadernillo de música.
Facede as fichas que teñades ganas durante a semana. Se hai algún exercicio que non se pode realizar porque fai falta escoitar a gravación, deixádelo. E nas fichas que haxa partituras, intendades tocalas coa frauta para practicar.
Unha aperta enoooorme para todos.
Calquera dúbida ou consulta mandades un correo e falamos.
ESCALA MUSICAL (CANCIÓN)
Déixovos aquí unha bonita canción da escala musical para ir memorizando as notas e onde se colocan na súa casiña que é o pentagrama.
No hay comentarios:
Publicar un comentario