miércoles, 24 de septiembre de 2025

BENVIDOS E BENNVIDAS

 CHEGOU O DÍA!


A Trasnoteca volve abrir as súas portas, esperámosvos ver a todos e todas por aquí.


Todos os rapaces e rapazas de 5º e 6º que solicitaron para ser colaboradores da Trasnoteca foron admitidos! Así mesmo coma os alumnos e alumnas de prácticas de 5º.


Estades listos e listas? Arrancamos!






jueves, 9 de abril de 2020

INTRODUCIÓN

Queridos alumnos de música! Que ganas teño de que estemos todos xuntos de novo na clase. De momento imos ter contacto a través do Blog de música para que poidades ir facendo as fichas que vou poñendo. Son fichas moi sinxelas e quero que o pasedes moi ben de paso que seguimos repasando un pouquiño. 
Un bico e unha aperta enorme para todos!! Quérovos moito!!

Para enviar dúbidas, preguntas, vídeos ou fichas para correxir aquí vos deixo o meu correo. Non dubidedes en usalo sempre que precisedes ou vos apeteza! Ánimo!!.

susanalafuente71@gmail.com

lunes, 6 de abril de 2020

1º DE PRIMARIA

Bo día a todos /as meus queridos nenos e nenas. Imos empezar con esta sinxela ficha. Téndela  que imprimir colorear, poñer o nome dos instrumentos e despois pegar os lados para facer un dado musical. Cando empecemos o colexio levádelo feito á clase de música e xogamos.

DADO MUSICAL:

Despois de facer o dado, podedes repasar este ritmo que xa fixemos na clase e que vos saía de marabilla!! Así de paso movedes un pouco o corpiño!!.

CANON RITMICO






XOGO RÍTMICO-MUSICAL

Preséntovos un musicograma rítmico-musical para que repasedes moi ben as figuras musicais. Lembrade que a negra é (TA) e as corcheas (TI-TI). Intentádeo ata que vos salga moi ben! Ánimo!!







FICHAS MUSICAIS

As fichas son para ir facendo pouco a pouco. Unha ou duas por semana ou como queirades. Se tendes algunha dúbida ou queredes enviarme algunha ficha usade o meu correo. Un bico enorme!! Ánimo!!

ESCALA MUSICAL:

Déixovos aquí unha bonita canción da escala musical para ir memorizando as notas e onde se colocan na súa casiña que é o pentagrama.









2º DE PRIMARIA


Bo día a todos /as meus queridos nenos e nenas. Imos empezar con esta sinxela ficha. Téndela  que imprimir colorear, poñer o nome dos instrumentos e despois pegar os lados para facer un dado musical. Cando empecemos o colexio levádelo feito á clase de música e xogamos.

DADO MUSICAL:
https://drive.google.com/open?id=1wzLNyeIQXjIkvnqtXMTVrNWjDv1unCSN



A seguinte tarefa é este Canon Rítmico que xa fixemos na clase e tan ben vos saía. Envío o vídeo para que o repasedes e vos movades un pouquiño!!

CANON MUSICAL





XOGO RÍTMICO-MUSICAL

Preséntovos un musicograma rítmico-musical para que repasedes moi ben as figuras musicais. Lembrade que a negra é (TA) e as corcheas (TI-TI). Intentádeo ata que vos salga moi ben! Ánimo!!








NOTAS MUSICAIS

FICHAS MUSICALES
As fichas son para ir facendo pouco a pouco. Unha ou duas por semana ou como queirades. Se tendes algunha dúbida ou queredes enviarme algunha ficha usade o meu correo. Un bico enorme!! Ánimo!!

ESCALA MUSICAL (CANCIÓN)

Déixovos aquí unha bonita canción da escala musical para ir memorizando as notas e onde se colocan na súa casiña que é o pentagrama.

3º PRIMARIA

Bo día meus preciosos Nenos e Nenas!!
imos comezar as actividades de música cun Canon Rítmico que xa fixemos na clase. É un repaso!.
Si vos animades a gravalo coa vosa familia ou sos, podédesmo enviar ao meu correo.
Un bico enoooorme para todos/as!

CANON RÍTMICO



ACOMPAÑAMENTO RÍTMICO MUSICAL
Propoño un xogo rítmico-musical. Precisades utensilios de distinto material como madeira, metal, plástico... o que teñades pola casa. Escoitades a música e facedes o acompañamento como aparece no vídeo. Sería ideal que o fagades con máis membros da familia para que quede máis bonito e senón vos de forma individual. A música titúlase: "song song clap". Xa veredes que ratiño tan bo pasades! Unha aperta!!








Seguimos con actividades do voso cuadernillo de música.
Facede as fichas que teñades ganas durante a semana. Se hai algún exercicio que non se pode realizar porque fai falta escoitar a gravación, deixádelo. E nas fichas que haxa partituras, intendades tocalas coa frauta para practicar.
Unha aperta enoooorme para todos.
Calquera dúbida ou consulta mandades un correo e falamos.

ESCALA MUSICAL (CANCIÓN)

Déixovos aquí unha bonita canción da escala musical para ir memorizando as notas e onde se colocan na súa casiña que é o pentagrama.







4º PRIMARIA


BOS días meus preciosos nenos e nenas !!
Comezamos as actividades musicales cun Canon rítmico que xa fixemos na clase.

Podédelo gravar e mandalo ao meu correo.

Un bico enoooorme para todos/as!



CANON RÍTMICO





XOGO MUSICAL

Despois do exercicio rítmico, propoño este exercicio rítmico musical que é moi divertido e necesita moita concentración. Só precisasdes 4 papeis de diferentes cores, un compañeiro de xogos, unha mesa ou chan e nada máis! Se queredes buscar o título da música é: "walking to the left"






FICHAS MUSICAIS

Imos ahora coas fichas do voso cuadernillo. Vai despacio. Cada semana duas o tres. Si hay algún exercicio que non se pode facer porque se necesita audio, deixadeo. E nas follas que teñen partituras intentade tocalas coa frauta para seguir practicando.  Un abrazo enooooorme !!

VIVALDI

MUSICOGRAMA DA PRIMAVERA


Un musicograma é un concepto para ensinar a escoitar música clásica aos nenos. É un dos medios para traballar as audicións de forma activa.

Para facer este traballo hai que poñer de fondo e escoitar a peza musical "A primavera" de Vivaldi. Xa vos deixo debaixo dos musicogramas o enlace.
Este que vos presento eu é para pintar os distintos temas musicais da audición da primavera. O tema musical que se repite sempre se pinta da misma cor. Poño o musicograma feito para que vos sirva de exemplo e o musicograma para imprimir e para colorear. Sempre mentras se escoita a audición. Se non podedes imprimir podedes facer vos o voso musicograma personalizado. A ver que tal sae! Un bico para todos/as




XOGO RÍTMICO CON VASOS DA "PRIMAVERA"









5º PRIMARIA


Ola bo día meus queridos Nenos e nenas de Quinto!!!
Inauguramos un blog de música para mandar tarefas, partituras e todo o que se nos vaia ocurrindo para poder comunicarnos directamente!
Este ano 2020 é o ano adicado a Beethoven. Celébrase en Viena o 250 aniversario do nacemento do compositor.
Imos comenzar cunha peza marabillosa deste gran compositor. A 9ª Sinfonía.E tamén coa Biografía en forma de conto de este Gran Músico!!.
Gustaríame que lérades con atención a súa biografía e que aprendades na frauta a partitura. Buscade o seu retrato, buscade onde está Viena. E cando saibades todo esto podedes mandar un vídeo tocando vos esta partitura e todo o que se vos ocurra sobre Beethoven. Dúbidas, curiosidades, debuxos...
Quérovos moito!!! Ánimo!!!
Calquera dúbida preguntádeme a través do meu correo!

PARTITURA. 9ª SINFONÍA DE BEETHOVEN

TUTORIAL HIMNO DA ALEGRÍA





Lembrade como se toca o Do'(agudo) e o Re' (agudo).

DO AGUDO
RE AGUDO

Ahora lede con moita atención e motivación a Biografia de Ludwig (Luis) Van Beethoven

BIOGRAFÍA DE BEETHOVEN

Estos son os cortes musicais por se os queredes buscar en internet. Non é para facer todo  nun día!! Pouco a pouco e cando vos apeteza! Ánimo meus guapos /as!!.

FRAGMENTOS MUSICALES PARA BUSCAR

CONTRADANZA DE BEETHOVEN Nº 14
Para cambiar un pouco o estudio, propoño unha danza de Beethoven que se chama "contradanzas" son varias pezas distintas compostas por él. Nesta ocasión tendes que preparar esta en concreto que é moi sinxela e pegadiza. Hala a bailar e danzar!!





XOGO MUSICAL

Propóñovos este exercicio Rítmico musical tan divertido e que necesita bastante concentración. Só precisades 4 papeis de distintas cores, un compañeiro /a de xogo, unha mesa ou chan e nada máis!!. Se queredes buscar a música, o título é: "walking to the left". Intentadeo e xa veredes que divertido é.




VIVALDI

TITORIAL DA "PRIMAVERA"



PARTITURA DA "PRIMAVERA"



XOGO RÍTMICO CON VASOS DA "PRIMAVERA"




MOZART

TITORIAL DA "FLAUTA MÁGICA"




PARTITURA DA "FLAUTA MÁGICA"